top of page

Presentamos ao xurado que seleccionará as fotografías gañadoras 

XOÁN PIÑÓN: 

Premio Lux Moda en 1995. Comenza en 1984 alternando o deseño gráfico e o cartelismo coa fotografía. É cofundador do grupo “Canbranco”, do que nacería a iniciativa da primera Fotobienal de Vigo, é tamén cofundador de Novos Fotógrafos Coruñeses.

Especializado na fotografía dixital e no retoque dixital de imaxes. Profesor nas Universidades de Santiago e Pontevedra, tamén imparte cursos e conferencias de iluminación profesional, tratamentos avanzados de fotografía dixital profesional e preimpresión CMYK no seu Plató profesional multiservizo de Fotografía e Audiovisual.

Realiza numerosas campañas para marcas nacionais e internacionais como: Warner, Vogue España, Inditex, Visa, Filmax, Tornasol films, Folk Roots, Wall Paper, Neo2, Elle, Microsoft, Inditex, OgilvyOne, Estrella de Galicia, Museo Reina Sofía, iberia, Husqvarna, Televisión de Galicia, R Cable Telecomunicaciones, Martin Codax, Buena Vista Internacional etc.

NACHO ROMERO:

A Súa afeción a  fotografía comenzou en 1979 comenzando a dirixir cursos e talleres en diversos colexios maiores e outras institucions de Santiago de Compostela.

Comenza a súa andadura profesional como fotógrafo de prensa na Axencia Internacional de noticias Radial Press no ano1983. Simultáneamente traballa como free- lance en diversas publicacions de ámbito galego e nacional (El Correo Gallego, La Voz de Galicia, El Progreso, La Región, Faro de Vigo, El País, Interview, etc.).

En 1997  incorporase a trabajar como profesor de técnicas e procedementos de imaxen e son na “Escola de Imaxe e Son” da Coruña con destino definitivo en dito centro impartindo os módulos de Imaxen Fotográfica, Medios Fotográficos e Audiovisuales, Xestión de Calidade do Procesado Fotográfico e Cinematográfico, Imaxen Audiovisual, Proxecto Integrado de Imaxen e Aplicacions Fotográficas.

En 2001 funda xunto con Ángel Cordero y Rodrigo González Romano a empresa de servizos fotográficos Ran Foto, dedicada a fotografía industrial e publicitaria.

Dende o ano 1997 ata o día de hoxe, impartiu máis de 100 cursos relacionados co audiovisual para diversos organismos e asociaciones como o Centro de Formación y Recursos de La Coruña, Ferrol y Cee, la Asociación Cultural Aula K, el periódico El Correo Gallego, etc

VICTOR ECHAVE:

Actualmente é xefe de fotografía no xornal La Opinion de A Coruña, aínda que as súas instantáneas levan décadas sendo publicadas non só nos medios locais e galegos, senón tamén en revistas de tirada estatal.

 

É un profesional apaixoado polo retrato xornalistico, no que adoita reflexar a personalidade do protagonista cun xesto concreto ou coa elección da ubicación, un xénero no que as personaxes contan máis de si mesmas do que elas cren. Para el posaron alcaldes, actrices, candidatos á Presidencia do Estado, futbolistas, gañadores, derrotados, soñadoras, barcos á deriva e grandes promesas que quedaron en nada.

 

Outra das súas especialidades é a sátira política a través do obxectivo da súa cámara. Víctor Echave busca carteis nas rúas, mensaxes escritas nunha parede ou o escaparate dunha tenda para facer humor sen máis palabras que as que ofrecen os escenarios polos que pasean os seus retratados, decote, sen que eles o saiban. Algunhas destas instantáneas forman parte xa do imaxinario coruñés e foron recollidas en exposicións colectivas de fotoxornalismo.

 

Afastadas da súa inesgotable visión xornalística, da actualidade e das présas de cada día, xorden tamén outras imaxes non figurativas, instantáneas abstractas que mostran unha cidade irrecoñecible. Froito desta faceta creativa naceron exposicións individuais, como Zoombidos e Reflejos de mar.

ANGEL CORDERO:

Desde 1984 comenza a traballar no sector audiovisual, participando en varios vídeos educativos e médicos coa empresa ASATEL de Madrid tanto en labores técnicas (sonido, iluminación,..) como en labores de producción. Forma xunto con outros catro compañeiros a productora M.I.S.M.A. que realiza 10 cortometraxes en súper-8, un deles, titulado “Cortinilla”, de animación con plastilina. Na Facultade exerce de monitor no Gabinete de Radio, chegando a participar en varios proxectos de formación de emisoras. Antes de licenciarse comenza os trámites para formar a productora SERCOM, dedicada durante ano e medio a realización audiovisual publicitaria e a  fotografía industrial.  

 

En 1988 entra como profesor de Son e Fotografía na 1ª Escuela de Imaxen e Son de Galicia, sita en Ourense. Alí dirixe a emisora “Radio Benposta” , realiza cursos de Producción de Vídeo para o INEM e desenrrola os seus primeiros traballos fotográficos para exposición. Dende 1989  dirixe esta Escola  ata que en Abril de 1991 ingresa como profesor de Radio, Acústica e Fotografía na nova Escola de Imaxen e Son da Xunta de Galicia en A Coruña obtendo plaza fixa nese mesmo ano.  En 1992 funda e preside ata 2002 a Asociación Cultural AULA-K onde imparte numerosos cursos de fotografía  en colaboración coa Escola e  participa en numerosos proxectos audiovisuais, fotográficos e cinematográficos,  como “A Coruña de cine” onde se realizaron  12 cortometraxes en 35 mms. 

 

En 1999 traballa como experto educativo para a realización dos currículos de Comunicación, Imaxen e Son na Consellería de Educación. En 2001 e nomeado xefe de Estudos da Escola e dende Xullo de 2002 asa Xullo de 2006 é o seu director e membro do Consello Asesor de Telecomunicacions de Galicia e a Academia Galega do Audiovisual. En 2009 obten praza como catedrático da especialidade “Procesos y medios de Comunicación”.

Co-fundador da empresa RAN FOTO dedicada a fotografía industrial, publicitaria e de reportaxe. É autor do ensaio “Mirar sen ver: O subliminal” e coautor, xunto a Nacho Romero da Exposición fotográfica “Presos sin prisión, prisión sin presos”, exhibida no Museo Municipal de Ourense dentro do Outono Fotográfico, na Sala de Exposicions municipal de Durán Loriga na Coruña e no Pazo de Torrado en Cambados.

MARÍA MESEGUER

Entre 1990-91 estudia no International Center of Photography, General Studies in Photography, one year full time studies program. Nueva York.

Leva traballando dende el 1992 en diferentes lugares, empresas e/ou fundacions entre os que destacaría:
La Residencia de Estudiantes, Madrid, Fundación Paideia Galiza, A Coruña. Fundación ARCO. Coordinación y organización de la Exposición en el mercado, Mercado de la Plaza de Lugo. Coordinación y organización de los dos primeros certámenes del Concurso de fotografía
Purificación García. Expocoruña. Hospital Universitario de la Coruña. Reportajes fotográficos para el Día do cooperativismo galego.

bottom of page